Les Tampons de Roser

Crea o teu propio exlibris.
Les Tampons de Roser ensínannos a valía dun oficio artesanal practicamente desaparecido.

Obradoiro de exlibris
na Casa da Cultura
con Les Tampons de Roser

Durante toda a fin de semana, de venres a domingo, os visitantes de Pontedeume, Vila do Libro teñen a oportunidade de mergullarse no mundo dos exlibris e crear o seu selo persoal. A artesá catalá Roser Martínez, creadora de “Les Tampons de Roser”, ofrecerá talleres de creación de exlibris, orixinais e predeseñados, e clases maxistrais de historia e contextualización das pezas. As prazas de cada sesión son limitadas e a participación no taller, que ten unha duración de dúas horas, ten un custo de 15 €.

Inscríbete, elixindo o día e a hora que desexes:

Dúas sesións